Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #13 - Carabela (2023)



Décimoterceira entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola música e a lingua pero que tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de propostas musicais na nosa lingua. 

Desta volta navegamos até a cerna da ría de Muros e Noia para filmar a arriscada mestura de pop, electrónica e tradi das noiesas CARABELA nunha localización máis mariñeira imposíbel por teren sido paridoiro de dornas, bucetas, goletas e chalanas durante séculos. Ao acubillo da espectacular estrutura de madeira do Estaleiro de Ciprián, recentemente resturado e convertido en museu polo Concello de Outes, as de Noela debullaron tres temas de "Nó", o seu primeiro EP, agasallándonos ademais "Arrolo", un tema novo e inédito.