Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #11 - Su Garrido Pombo (2023)


Undécima entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola música e a lingua pero que tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver - por número e por calidade - de propostas musicais na nosa lingua. 

Desta volta a sesión veu protagonizada pola canción de autora de avangarda de Su Garrido Pombo, que ven de lanzar Patios de Luz, o seu segundo disco en solitario. Unhas músicas que precisaban un contexto e un espazo tan especial coma a luminosa terraza olívica que xenerosamente nos cedeu esa lenda viva do indie que é Marco Maril, produtor ademais do album. Arrodeadxs de roupa pendurada e coas Illas Cíes no horizonte fomos testemuña privilexiada dos feitizos polifónicos que a meiga de Fornelos de Montes é quen de cociñar no seu looper coa súa voz, percusión e guitarras coma únicos ingredientes. I é que cando o talento é sobrenatural, a maxia pode abrollar mesmo nun espazo tan cotián coma un patio de luz.


.