Hover Setting

slideup

1nome - Pezas Automáticas (2023)

1NOME - PEZAS AUTOMATICAS

O proxecto de 1nome nace do reencontro entre dúas persoas.

O proxect de 1 nome nace do reencontro entre dúas vertentes artísticas: a escrita e a música

O resultado desta converxencia é unha atmósfera fragmentaria de repeticións musicais nas que os versos funcionan coma un ha intersección de socorro nunha última tarde de sistemas e capitais. A parte musical está producida por Paco Persona (agás a Peza 5). A súa intención foi a de considerar a música coma un vehículo atmosférico. A proxección sonora unhas veces tenta afastarse do ritmo musical para cinguirse a un ritmo poético e outras veces é a poética a que trata de conguirse á música. A través de deformación e modificación do son como chan e apoio sobre o que recitar os versos, Suxés trata de pór unha voz a partes, restos e resíduos doutros poemas que se entrelazan con esa atmósfera sonora. As texturas musicais e os textos poéticos encóntranse nunha das tantas marxes onde a poesía e a música teñen un e outro e outro e outro encontro






00:00 - 04:48 Peza 1 (buraco negro) 04:48 - 07:18 Peza 2 (con que alimento eu este texto) 07:18 - 09:58 Peza 3 (o moucho) 09:58 - 12:08 Peza 4 (vou pola rúa) 12:08 - 15:38 Peza 5 (setevas e nonmeves)

Suxés Salottee Rañoom (Xesús Estalote Maroño), Sigüeiro
Paco Persona (Txutes), Lugo
Letras: Suxés Música: Paco Persona Mistura e masterización: Uns chavales que viven en Santiago pero son de Lugo
Arte: Iria Mu
Contacto: 1nomecontacto@gmail.com