Hover Setting

slideup

María Yáñez - O outro lado da pantalla (2022)



O OUTRO LADO DA PANTALLA. UNHA HISTORIA DA INTERNET GALEGA

Neste videoensaio María Yáñez proponnos, a través da súa experiencia persoal, unha viaxe desde os inicios da internet galega ata as portas da chegada das redes sociais. Un repaso a como chegaron as primeiras conexións nos anos 90, as primeiras webs en galego, os primeiros medios dixitais, as primeiras plataformas sociais de contido, que naceron desde abaixo, colectivamente e con dúas motivacións principais: a lúdica e a activista.


María Yáñez Anllo (Lugo, 1978) leva dúas décadas traballando como xornalista en medios dixitais, desenvolvendo contidos audiovisuais para internet e deseñando estratexias de comunicación online para diversos proxectos culturais. Na actualidade dirixe a revista dixital VINTE, desde a que produce diversos contidos en vídeo, podcast e multimedia para web e redes, e a través de vinte.media canaliza o seu traballo como asesora de comunicación e contido, especializada na promoción e distribución de cinema.

Guión e dirección: María Yáñez
Edición, deseño e animación: Antón Varela