Miudiño Sessions - Måi (2023)
Décima entrega das MIUDIÑO SESSIONS, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola música e a lingua pero que tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver -por número e por calidade- de propostas musicais na nosa lingua.
Desta volta a sesión ven protagonizada por Måi, o proxecto de fusión entre o pop, a música tradicional e a electrónica liderado por Iseo Agilda. Con Tomás Ageitos na produción e acompañada por Margarida Mariño ao cello, Icía Sanmartín á pandeireta, Victor Álvarez aos sintetizadores e Migui Carballido á percusión electrónica esfolaron catro temas de "Nigredo", o seu disco de debut. Unha obra de clara vocación contemporaneizadora da nosa música que enfía coa nova onda de reinvención do tradi dende o pop e a electrónica que se ven desenvolvendo nos últimos anos con artistas coma Fillas de Cassandra, Mondra, Baiuca, Carabela. Catuxa Salom, CRNDS ou as propias Tanxugueiras.
Gravado nos estudios A Ponte