Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #12 - O Portughés + Volk GZ (2023)


Duodécima entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola música e a lingua pero que tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver - por número e por calidade - de propostas musicais na nosa lingua. 

Desta volta a sesión tivo lugar ao pé do Castelo de Pambre, un dos poucos que non foron arrasados pola furia irmandiña, e foi protagonizada por O Portughés e Volk GZ, dándolle vida ao seu EP colaborativo "Entre muros e montes" editado o pasado verán. Un traballo no que o do Salnés pon os versos e o lucense os beats para construir un universo rico en referencias e sampleos (dende Moncho Reboiras até Lois Pereiro pasando por Dante, Lucky Luciano, Tele Jaita ou o Principiño) e artellar un dos discursos máis honestos e auténticos da escena, lonxe dos tópicos habituais.


.