Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #27 - Pauliña (2024)


Vixésimoseptima entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas, o descubrimento das máis singulares e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa língua.

Desta volta A Regueifa Plataforma achegouse até Silleda para filmar a sesión de Pauliña, unha das voces propias con máis personalidade da escena galega. Fronte a un muro de motores que agardaban solemnes unha segunda vida a cambadesa teceu na compaña da súa banda a súa habitual mestura de estilos en tres pezas (FamePasa de min e Fáltame o aire) nas que, coa dominancia cromática punk marca da casa pauliana, o urdime se foi tinguindo dunha policromía que foi do rock, ao blues ou ao raggamuffin