Di Éric Dopazo que os seus Piratas sen Parche fan música para escoitar no sofá pero con pantalón de pinzas e tirantes. Unha querencia polo vintage que se materializa no seu primeiro EP en forma de catro cancións de raigame folk-country coas que aborda con carraxe a sentido do humor a partes iguais temáticas tan pouco antigas coma a gordofobia, a manipulación na TVG ou a homofobia. Unha fórmula inédita na nosa escena que está claramente orientada ao sul, dos Estados Unidos no musical e o do País na abondosas referencias ourensás que enchoupan a lírica do disco.
Hover Setting
slideup