Vixésimosexta entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas, o descubrimento das máis singulares e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa língua.
Nesta nova sesión A Regueifa Plataforma colleu a eternamente inacabada A-54 para achegarse ao corazón da Terra Chá e filmar o exquisito slowcore galaico de Musel. O trío liderado por Óscar Vilariño (ex-Triángulo de Amor Bizarro, A veces Ciclón) leva unha década achegando a nosa língua ao son de bandas coma Low ou Yo La Tengo baixo o signo do que non é profeta na súa terra ao editar os seus traballos na mítico discográfica indie Acuarela Discos (Migala, Refree, Sr Chinarro, The Wave Pictures...). Nun alpendre que foi perfecto acubillo para o frío lugués a formación, completada por Charlie Méndez ao baixo e Juantxo Pájaro á batería, interpretou as pezas "Feirán", "Sombra e luz" e "Trapalladas".