MALABESTA - CABEZAS DE DRAGÓN (2024)
Malabesta é un becho bravo sen domesticar. Un dragón incandescente de longas farpas e cinco cabezas, e quen sabe se algunha máis. Son soños piratas navegando por mares de whisky e ron e recontando compases de blues cos dedos, entoando algunha vella canción de Tom Waits e rasgando as cordas dalgún perdido e estraño bluegrass.
Malabesta é un becho con chupa de coiro, moi mala hostia e ningunhas ganas de ir durmir. Así din as lendas, e as malas línguas, que é a súa música.
Un encontro nocturno nalgunha taberna da Zona Vella de Compostela, unha conversa sobre músicas, unha promesa de xuntarse a facer algo xuntos. Admiracións mútuas e amor polas músicas vellas deron no nacemento de Malabesta, unha banda composta por 5 vellos coñecidos da escena musical galega de ben diversos estilos e cunha química artística tan incendiaria como evocadora