Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #19 - Ugia Pedreira (2023)


Décimonovena entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa lingua.

Desta volta as cámaras d'A Regueifa Plataforma tiveron a fortuna de receber a visita dunha das grandes voces da música galega das últimas décadas, Ugia Pedreira. Na teense ponte de Francos a mariñá, que anda a preparar o seu segundo disco en solitario baixo o nome d'A Pedreira, esfolou tres pezas para ficar na memoria: "Qué pasa arredor de min", sobre uns versos de Rosalía de Castro, e "Sabe a pam", na compaña da guitarra, e Atlante, un tema novo inédito que interpretou a capella.