Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #18 - Minguante (2023)



Décimo oitava entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa lingua. 

Desta volta A Regueifa Plataforma viaxou até Lousame para chantar as súas cámaras e micrófonos na antiga fábrica de papel de Fontán, fundada a comezos do século XIX polo tío de Domingo Fontán, e rexistrar a sesión de Minguante. Nunhas ruinas máis axeitadas para os ecos dos trasnos e bruxas que de Neil Young o dúo formado polo escritor Miguel Alonso e Óscar Martínez debullou catro temas do seu primeiro disco longo, publicado o pasado ano. Un traballo a cabalo entre o pop de autor, o rock acústico e a Americana, unha fórmula pouco explotada no noso País, e que terá continuación axiña xa que se atopan neste intres gravando o que sera o seu segundo disco.