Hover Setting

slideup

Espírito do 72 - En van (2023)



ESPIRITO DO 72 - EN VAN (2023)

Nunha entrevista en El País hai quince anos Uxío etiquetaba a música de Hamon Ausse, o seu anterior proxecto musical, co xenérico carimbo do rock instrumental mas o certo é que tanto naquel proxecto coma neste ESPIRITO DO 72 a sombra do post-rock e o slow-core americano segue a ser alongada, creando un continuo estético que xa é a marca da casa dun dos personaxes máis enigmáticos da escena indie galega. Trás un primeiro traballo co novo nome de ESPIRITO DO 72, editado por Prenom en 2022, o de Catoira fai aboiar agora dende o underground do underground os catorce novos temas que dan forma a este "En Van"




"'En van' empezouse a compoñer en abril do 2020 (qué tempo para estar vivo!), pero non é un disco conceptual sobre a pandemia. Rematouse en maio do 2023, cando o mundo xa era un lugar mellor, porque saímos fortalecidos da experiencia, escarmentados de falsos popes, necesitados de lentes afumados con que poder soportar o resplandor arrebatado dun futuro inmediato. Os títulos funcionan coma post-it, recordatorios dun traxecto a bordo dunha montaña rusa sen anclaxes ó chan; se caer, afúndeste no ceo."