Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #16 - Músculo! (2023)


Décimosexta entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola música e a lingua que máis alá da promoción de novas propostas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa lingua.

Desta volta as cámaras d'A Regueifa Plataforma viaxaron até Catoira para filmar a rachadora proposta electrónica de Músculo! manufacturada ao vivo. Facendo honor ao conceito detrás do seu novo disco, o propio Ulla, decidiron chantar na ribeira do río os seus sintetizadores, samplers e caixas de ritmos para esluir a paisaxe fluvial nas súas propias paisaxes electrónicas. Unha sesión para recordar onde os baixoulláns construiron unhas músicas ("As penas", "#anti#go" e "Ulla") que transformaron unha antiga fábrica de tixolos na perfecta pista de baile improvisada.