Fungo - Galaicolatino (2023)
O oleirense Fungo está de volta cun disco inzado de influencias e ritmos de latitudes occidentais. A imaxe da travesía que fixeron os seus paisanos Los Satélites nos anos 60s e 70s, importando por primeira vez os ritmos latinos de alén do mar, Fungo mestura con naturalidade a súa recoñecible fórmula urbana con ritmos do Caribe coma o merengue ou o mambo. Un disco no que colaboran O Portughés e Fillo Ionqui e no que, coma no seu traballo anterior en colaboración con AGASALLO, cisca sen reparo o seu romanticisimo existencialista nunhas letras que veñen cargadas das referencias que van do cine xaponés á literatura ou o futbol de comezo de século e que xa veñen ser o o seu selo persoal.