Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #15 - Anxo Araújo (2023)


Décimoquinta entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola música e a lingua que máis alá da promoción de novas propostas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa lingua.

Desta volta as cámaras d'A Regueifa Plataforma foron até o corazón de Vigo para filmar tres alfaias do indie pop manufacturado polo pontevedrés Anxo Araújo. As antigas pedras das paredes dun local con tantísima(s) historia(s) coma A Casa de Arriba foron a cámara de resonancia perfecta para ecoar a narrativa do seu delicado pop tinguido de luminosa saúdade, interpretando tres temas do seu primeiro disco, "Plan de Urbanismo Para Un Novo Couto Mixto", editado en 2021. Unha gravación que fai de ponte entre a súa opera prima e o seu segundo disco longo, do que xa coñecemos dous singles de adianto e que viron a luz o pasado mes de xuño, "Noite de San Xoán" e "Por que tivemos que discutir?.