Miudiño Sessions - Filloas (AV, 2022)



A Regueifa Plataforma 2.0 presenta a segunda entrega das Miudiño Sessions, eses microconcertos de bandas e solistas galegxs filmados en localización singulares. Nesta ocasión o protagonista é o vigués Iago Galego, que baixo o alcume de FILLOAS editou antes do verán un sorprendente disco de debut. Nunha distópica paraxe postindustrial da Galiza profunda o de Coruxo interpreta tres temas do seu album (Mediocre, Galicia e A vida) con voz, guitarra, sintetizadores e bases electrónicas coma ingredientes do seu - tan difícil de etiquetar- pop/trap/urban/punk que xa ten enganchadxs a tantxs.



Filloas: Voz, guitarra, sintes e programacións 

Imaxe e Son: A Regueifa 2.0