Hover Setting

slideup

Fungo & Agasallo - Denantes mortos que vivos (EP, 2022)

FUNGO & AGASALLO - Denantes mortos que vivos (EP, 2022)

O taboleiro do trap galego non para de medrar. Aos polos do Val da Maía (Boyanka Kostova), A Barcala (FØ Records) e Bastavales (C Mirazo) únense agora Fungo & Agasallo dende Perillo co seu primeiro EP, "Denantes mortos que vivos". Cinco temas de esencia trapeira nos que tamén exploran outros ritmos urbanos e mesmo a pista de baile, todo baixo o verniz do desamor e un certo fatalismo existencialista. Unha fórmula onde as melodías autotuneadas resultan absolutamente adictivas dende a primeira escoita, elevando unhas letras nas que contrastan os tópicos habituais do xénero con referencias literarias e da cultura pop.

fungofungofungo.bandcamp.com
alendoabismo@gmail.com