Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #2 - Chicharrón (AV, 2022)

A Regueifa Plataforma 2.0 presenta unha nova entrega das Miudiño Sessions, desta volta con Chicharrón na compaña de Rosalía Fernández Rial nunha localización que resultou ser ben especial, a galería de arte de Manolo Eirín en Carballo. Baixo a lánguida ollada de Lois Pereiro retratado por Vari Caramés e arrodeadxs polas pezas dunha exposición perfectamente acaída, artellada en torno ao conflito, atoparon sen buscalo un espazo cunha acústica espectacular. Unha reverb natural que deu perfecto abrigo á manchea de emoción, maxia e intensidade dos tres temas que interpretaron.

chicharron.bandcamp.com/


CHICHARRON
Alberto M. Vecino: voces e guitarra acústica
Mara Pérez: voces
Rosalía Fernández Rial: acordeón
Matias Unruh: piano e guitarra eléctrica

Imaxe e Son: A Regueifa 2.0