Hover Setting

slideup

QUANT - New Adventures in Full Colour (2009)


QUANT - NEW ADVENTURES IN FULL COLOUR (2009)

De terras ártabras chega a A Regueifa Plataforma o exquisito pop manufacturado por QUANT cos seus dous últimos traballos, Share these Songshines e Sugar Plum Fairy. Quant é un proxecto de cancións POP, un xogo modesto e sen pretensións dun grupo de amigos que o único que buscan é pasalo ben gravando estas cancións. Con influenzas que van dende os Beach Boys até The Byrds pasando polos Ramones e Teenage Fan Club , o grupo xira ao redor das ideas do ferrolán Oscar Quant, que conta con multitude de amigos colaboradores: Kike, Boy Elliott , Ruben, Roge, Cintia, Amparo... Xogos vocais , guitarras, melodía, xilofonos, teclados de xoguete e practicamente calquera cousa que faga ruído. Todo ao servizo da percura da canción pop perfecta.

quant.bandcamp.com