Vale Tudo - Gris (2009)

VALE TUDO - GRIS (2009)

GRIS (marzo 09) é o segundo disco de Vale Tudo. Foi gravado e mesturado por Roberto Mallo no Taller Electrónico da Coruña e na casa de Bárbara R. Soto (quen toca o piano en dous dos temas ) en Lugo. A masterización correu a cargo de Rafael Martínez del Pozo na súa casa de León. O disco volve a ter un deseño artesanal na súa maioría, cumprindo o noso desexo de face-las cousas coas nosas propias mans.

Óscar Vilariño: guitarra, harmónica e voz

Rafael Mallo: batería e percusións

Bárbara Soto: piano preparado en 4 e 5

valetudo.bandcamp.com