ATAQUE ESCAMPE - GALICIA ES UNA FIESTA (2008)
Coñecemos o asasino en serie no máis inseguro dos lugares, entre trompetas celestes e respiracións nocturnas. Descubrimos alí que a merda tamén pode ser resplandecente coma xilófonos de cores e que o ritmo non se leva no sangue, senón nun maletín secreto e metalizado. Daquela demos en nos mergullar no sonoro do profundo, no reino onde impera esa bola que todo o mundo invoca (alí onde os ollos non repousan nunca). Agora gastamos a pista do asfalto e da humidade co dinamismo que nos roubara a adolescencia, seguimos perdendo mais coa convicción de irmos gañando. A pólvora fica mollada coa suor das palabras.
Mais the show must go on!! Galiza remixada con scrachtes. Let’s move our asses!! Enchoupados na miseria da vida, para así, por fin e dunha vez por todas, sermos quen de voar co pés. It’s the party shit! In the party, ti. Cada día máis linda e máis flow. 6 por 8 cantos latexos son?
Ataque Escampe son:
Roi Vidal Ponte: percusións, kazoo, labios, lixas, harmónica, coros, voces.Marco Gelpi: acordeón, cuncas tibetás, trompeta, guitarra.
Samuel Solleiro: violín, guitarras, teclas, coros, asubíos, voces.
Miguel Mosqueira Fociños: guitarra acústica, baixo, teclas, campás, coros, voces.
Alex Charlón: voz
Participaron:
Manu Payno: Trompeta en 3 bailes con Lenin
Álex Salgueiro: Melódica en Anakiro Toriyama e pianos en 3 bailes con Lenin
Tomás Ageitos: Mesturas e masterización
Marcos Payno aka Dr. Painkiller: Produción e mesturas.