J. J. G. Rodicio - Triloxía das miniaturas (2008)



A presentación desta obra, segundo o autor do texto, irá evolucionando coas aportacións xurdidas das lecturas do texto. Polo de agora é un texto. Máis nada. Pero é un texto dunha obra de teatro. E tamén precisaría unha imaxe gráfica para quen abra a 1ª páxina. E tamén unha música... e... O que non quere ser é un monólogo unidireccional

A OBRA

A creación do texto tén moito que ver e agradecer aos obradoiros que na Aula de Teatro Universitaria de Ourense fixeran Ánxeles Cuña e Begoña Muñoz (Sarabela Teatro) sobre escrita e dramaturxa a finais do século pasado.

A obra é unha proposta sen pretensións pero con toda a intención, para un teatro en galego, en Galicia, para tódolos públicos que nesta década van e veñen polos Teatros galegos. Que son poucos, pero por que non podían ser máis?

O obra é unha proposta para compañías pequenas, medianas ou afeccionadas. Que son moitas.

A obra está aberta, a pesar de ter algo de ferralla de acotacións. Así de rústica e pouco sofisticada preséntase, como aberta ás lecturas e propostas.

Precisaría para estar mellor presentada....Unha capa...? Si, claro. Unhas músicas ....? sí, claro. Unhas actrices e actores concretos...? Si, claro... ¿vedes a alguén? Unha revisión de este o aquel asunto... Por suposto...!

Pero en vez de tirar en solitario, desconectando da xente, re-personalizando, esta personiña seica apetece de escoitar antes de voltar a escribir. Ou simplemente xustificar, explicar, alumear a obra. Para dala ao lume, ou para iluminala.

¿Alguén recolle a pelota? Que alguén diga "Si, claro que si"

A obra tén unha bitácora de referencia: http://www.blogoteca.com/3miniaturas/ , onde apareceremos para comentala e tirar do fío.

¿Qué é da obra sen recepción? Nada. Por eso está aquí.
É un reto, é un desafío, é un retrouso, é un cantar coa xente, ¿ou?