CLO PLAS - PLACA (2024)
Xiana Arias e Berio Molina voltan con "Placa", segundo traballo desa proposta única e singular que entrefía pop, rap, poesía, electrónica lo-fi e a oralidade da Fonsagrada e que responde ao nome de CLO PLAS."Placa, que así lle chamamos á terraza de cemento, placa. Un lugar que se nos revela ruidoso se atendemos ás fotos vellas e que agora está en silencio e cheo de sombras. Pero aínda hai quen canta unha nana oscura sobre meter nun cuarto todo o que importa. Sabe que se cadra o guarda pra naide e sona terna e radical.
Placa está dedicado a Yiyo, o amigo que cualquera desexa ter e ao que nunca deixarás de botar de menos, porque se flota mellor nesta néboa que ameaza con paparnos estando con quen queres. Pola memoria e o futuro da montaña que compartimos.
Placa gravámolo no estudio As Gonzalinhas con Carlos Quintá, coa idea de que as paredes, armarios, estanterías, e a casa toda literalmente vibrase, para que tamén quedase metida nas canciois."