Hover Setting

slideup

Carme López - Quintela (2024)

CARME LÓPEZ - QUINTELA

 "Quintela" é o disco debut de Carme López, o primeiro traballo de música experimental para gaita galega. Un ábum no que a intérprete d’O Incio se adentra nun campo totalmente descoñecido, desvencellada do seu nexo coa música tradicional para descontextualizala e crear así un enfoque persoal marcado pola perspectiva de xénero (abandonando a asociación de prestixio entre o instrumento e o xénero masculino). Un disco que percorre o ronsel de compositoras como Éliane Radigue, Pauline Oliveros ou Kali Malone por un arco narrativo do que fai parte a casa familiar de Carme López, a casa Quintela, e das vivencias e relacións persoais que teñen xurdido nela.

“Quintela” ten tamén o seu reflexo na súa arriscada posta en escena -con gaita, sampler, looper e visuais- nunha proposta de vangarda baseada nas ideas musicais e conceptos sonoros fundamentais do propio disco nas que toma a improvisación e a aleatoriedade como ideas compositivas, creando ambientes sonoros de lenta modulación, estirando as posibilidades sonoras da gaita ata o seu límite absoluto,

Carme López (O Incio, 1992) é intérprete, docente e investigadora do campo da música de tradición oral galega; Doutora por la UDC cunha tese sobre o canto tradicional feminino en Galicia, profesora da USC (Área de Expresión Musical - CC.EE) e da E-trad de Vigo (Canto popular).

carmelopez.bandcamp.com/album/quintela