Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #23 - Berlai (2024)


Vixésimoterceira entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas, o descubrimento das máis singulares e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa língua. 

Desta volta os equipos de gravación d'A Regueifa desprazáronse até unha antiga carnizaría no herculino Portazgo para filmar a Xiao Berlai, unha das voces máis persoais da escena. Na compaña da súa all-star band habitual (Iago Mouriño ao piano, Pablo Sanmamed ao baixo e Bruno Couceiro á batería) o de Guntín fixo un percorrido polos seus dous últimos traballos interpretando "Um país com dous nomes" de Estampas Galegas e "No espelho" e "Na casa" de Cas Berlai.