Vixésimocuarta entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas, o descubrimento das máis singulares e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa língua.
Para esta nova sesión A Regueifa Plataforma tivo a sorte de contar con Momboi, ganañadores dos premios Martin Codax da Música do pasado ano na categoría indie. Seguindo o fío da temática do seu útimo disco longo, "Vacacións en Ornanda", desprazámonos até os cantís da propia praia de Ornanda onde os noienses interpretaron catro temas: "Uxía", "Cabalo negro". "Acacias" e o seu máis recente single, "Último baile". Co monte Louro e a roubada Illa da Creba (Devolución ao Pobo xa!) ao fundo, o quinteto fixo ecoar por toda a ría de Muros e Noia a súa especial fusión de músicas de raigame latinoamericana e pop, unha fórmula única na escena galega.