Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #22 - Ruxe Ruxe



Vixésimosegunda entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas, o descubrimento das máis singulares e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa língua

Desta volta os equipos de gravación d'A Regueifa foron até a compostelana parroquia de Aríns para filmar a unha das bandas decanas do rock galego no seu xa mítico cuartel xeral. Alí, no seu local-museu entre cartaces de Lemmy Kilmister e Uxio Novoneyra, o sexteto descargou a súa furiosa mestura de rock, punk, ska e tradi, nesta ocasión coa colaboración de Xabier Facal coma séptimo ruxe ao hammond. No repertorio non faltaron temas de "Unha noite no interior dunha faísca", o seu máis recente disco longo, asi coma un par de clásicos coma "Carmela baila ska" e "Entre cascallos".