Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #8 - DEVALO (2023)


Desta volta A Regueifa Plataforma viaxou até o corazón da Coruña para filmar unha nova entrega das Miudiños Sessions, desta volta protagonizada por DEVALO, o proxecto de synth-pop de David Miranda. Nesta nova sesión, xa a número oito, ofrecerunos en formato trío unha escolma dos seus últimos traballos, interpretando "Neve de maio", "Aves negras" e "Houdini" na compaña de Edu Poch (Atrás Tigre) ao baixo e Josen Miranda á guitarra.

Devalo: David Miranda
Baixo: Edu Poch
Guitarra: Josen Miranda
Imaxe e son: A Regueifa Plataforma 2.0