Adolfo Fernández Piñeiro - Passing Place (FO, 2022)

ADOLFO FERNANDEZ PIÑEIRO - PASSING PLACE (FO, 2022)

O fotógrafo Adolfo Fernández Piñeiro (Celanova, 1997) fai o seu debut editorial con PASSING PLACE, a crónica visual e poética dunha travesía polas Highlands escocesas na que, coma un Manoel Antonio contemporáneo, fai unha viaxe física da que abrolla irremediablemente outra singradura máis espiritual, de coñecemento interior. 


"PASSING PLACE é a crónica dunha viaxe. Máis ben, e como se desprende da poesía do propio libro, ésta é unha crónica de varias viaxes nunha. As viaxes foron físicas, percorrendo diferentes localizacións próximas ao pobo pesqueiro de Kinlochverbie, no noroeste de Escocia. Sen embargo, as viaxes máis relevantes dentro desta ocorren noutro plano máis espiritual e metafísico, o cal demandaba ao seu autor o uso dunha linguaxe singular.

É certo que sería posible relatar unha viaxe cara ó amor; cara á fraternidade; cara ó sublime da natureza; ou cara ao coñecemento dun mesmo e o crecemento persoal, nun relato narrativo ou descritivo. Pola contra, necesítase unha linguaxe metafórica e visual, como da que se serve Adolfo nesta obra espléndida, para acadar unha estética da sensibilidade á vez íntima e deslumbrante, que caracteriza este traballo. As imaxes e a poesía en Passing Place fan xustiza coa beleza desa parte da costa escocesa e co místico que hai nos seus cumios, ademáis de plasmar dunha maneira maravillosa a relación fraternal que se fraguou entre os habitantes dunha casa do pobo de Oldshoremore. Este lugar mira ao mar e ás rochas, á vez que mira cara unha forma sensible e avanzada de entender e vivir a vida. As fotos deixan entrever o magnetismo que desprende a exuberante natureza do lugar, que parece conversar de forma directa co espírito das persoas, desnudándoo ata quedar igual que as maxestuosas cadeas montañosas que se erguen impoñentes. A natureza preséntase así ante nós como unha obra de arte á vez que como un organismo vivo que consegue comunicar sen linguaxe, transmitir sen sentidos aparentes. Nese entorno, e a través da súa mirada e da lente da súa cámara, Adolfo axudoume a atopar e atopou el mesmo un
fogar verdadeiro no que os membros da familia se apoian e se enriquecen uns aos outros sen prexuízos. Parecera que a pureza do lugar se fose destilando na alma daquelas persoas que o habitan.

É a crónica de varias viaxes que ocorren nunha soa, que é a vida do seu autor. En Passing Place ofrécesenos un espazo para deternos a observar a beleza que hai na simplicidade do natural. Un lugar de paso cara o intanxible e inexpresable da existencia e que nutre as almas da xente e da terra."


Este libro está disponíbel en Blurb (onde podes facer unha preview do mesmo) e mesmo en Amazon. Naturalmente, nós recomendamos omitir intermediarios e apoiar a autoxestión dxs creadorxs mercándolle o libro directamente ao autor mandándolle un email





adolfoferp@gmail.com

Adolfo Fernández Piñeiro nace en Vigo en 1997 e medra na vila de Celanova ata que comeza os seus estudos audiovisuais na cidade da Coruña. Alí comeza a realizar as súas primeiras fotografías e a participar en diversos proxectos relacionados co mundo das artes visuais.