Clo Plas - bafi (LP, 2022)

 

CLO PLAS - bafi (2022)

"O primeiro traballo de 😲👏 evidencia a fascinación polo imaxinario libertador de The Last Poets mais o discurso do dúo da Fonsagrada vai máis alá e percorre camiños inéditos que entroncan con pólas tan diversas da cultura galega coma os relato etnobiográficos dos Retrincos de Castelao, o militante vangardismo feito-na-casa da música de Apeiron ou os azos rachadores dos primeiros Resentidos. Nos miúdos estalotes narrativos do adictivo rap lo-fi minimalista que facturan Xiana Arias e Berio Molina (ao que el*s chaman ba-fi) hai espazo para a poesía, o costumismo, a metafisica, o etnográfico e mesmo a carallada, conformando unha proposta radical -no ético mais tenra no estético- inzada de retrousos de instintiva vocación popeira"





Clo Plas son Berio Molina e Xiana Arias

Músicas midi-pop de baixa fidelidade e historias apegadas á oralidade da Fonsagrada.

Música, voces e letras: Clo Plas

A letra de 'Non podo' inspírase en recordos recorrentes de Clo Plas, de Ana Salgado e de Xoanxo Molina.

Capa: Mariña de Toro.

Gravado e misturado por Hevi no Laboratorio Soyuz o 11 e 12 de marzo do 2022.

Producido por Hevi e Clo Plas.

Editado ao abeiro da Regueifa Plataforma 2.0

Para que Clo Plas actúen na túa festa ou na túa cociña contacta con Urdime.