Hover Setting

slideup

Lucía Aldao - PAVA (LP, 2021)

LUCIA ALDAO - PAVA (2021)

Hai uns meses a poeta Lucía Aldao daba o salto á música en estado puro co seu album de debut, PAVA, un disco multicromático onde se albiscan pantones de frecuencias tan dispares coma a contundente fraxilidade dos primeiros discos de Cat Power en A letra desta canción e A do aire musculado, a etérea devoción shoegazer de A do faro ou as crúas guitarras velvetianas de Unha que soase así. Un total de cinco cancións nas que a personalidade da súa voz e a forza das súas letras orbitan na elipse das novas voces femininas xurdidas nos últimos anos ao outro lado do Atlántico coma Julien BakerLucy Dacus ou Phoebe Bridges.

luciaaldao.bandcamp.com





A inédita edición física deste disco consiste nunha escultura elaborada pola artista Laura Pazos que se pode adquirir contactando directamente con Lucía Aldao. Trátase dunha edición limitada a 100 unidades que conecta o obxecto artístico co proxecto musical xa que inclúe un código para poder descarregar o disco. A PAVA, que representa esa porcentaxe de cigarro encetado que se comparte, está elaborada en resina de poliuretano policromada e vernizada. Ten unhas medidas de 11 x 2,5 cm e érguese sobre unha base de madeira de 8 cm de diámetro.