Oitenta anos mais tarde o seu neto grava doce cancións que configuran un testemuño da nostalxia do rural. Feito dende a atalaia urbanita de Madrí, "O Fillo de Suso" trata de reivindicar as cousas importantes: as filloas de Consuelo, traballar menos, nadar no río, un prato de garbanzos.
Neses vinte anos deulle tempo a grabar 5 álbumes de estudio, tocar por toda a península, saír cantando nunha serie de Antena 3, compoñer o himno do mellor festival que se fixo nunca, e beber moito Ricardhú, que é como lle chaman ó licor café que fai o seu tío Ricardo.
Podes mercar este disco en vinilo de 12" en edición limitada e numerada directamente do autor
“O fillo de Suso” foi gravado, mesturado e producido na casa e masterizado en Kadifornia por Mario G. Alberni.
Tódalas canciones foron compostas e escritas por Holgado, excepto a letra de “Elexía” que foi escrita polo seu tío, Xan Vieito.
Os collages que ilustran o álbume son obra da artista Martina Charaf, con fotografías dun álbum de Dolores Vieito. Autores das fotografías descoñecidos.
Colaboraron nesta ocasión:
Elisa García: Cello e arranxos de cello en 1, 2, 3, 4, 6 e 12
Miguel de la Ossa: Piano e arranxos de piano en 5 e 11
Rafael Mallo e Beatriz Rodríguez-Morales: Gravacións de campo en 1, 7 e 12
Os terribles de Gonte: Metáis en 9
Manuela Aparicio, María Carnicer, Daniel Jiménez, Nacho Lavilla, Carles Marqués-Marcet, Paula Salañer, Isabel Peña e Rodrigo Sorogoyen: Coros en 4