Hover Setting

slideup

Fanny + Alexander - Lusco e fusco (2006)


FANNY + ALEXANDER - LUSCO E FUSCO (2006)

A REGUEIFA PLATAFORMA fai a súa estrea coa edición do primeiro traballo do grupo compostelán FANNY+ALEXANDER nun doble formato, un EP de catro temas -de distribución gratuita online baixo licenza Creative Commons a través do netlabel - e a saída ao mercado dun CD que inclúe ademáis outros catro temas do seu pasado máis recente. Oito temas -sete en galego e un en inglés- englobados baixo o descriptivo título de Lusco e Fusco nos que, dende a liberdade que proporciona a postmodernidade máis militante e o desprezo absoluto polo mercado e as modas, mesturan elementos tan heteroxéneos coma melodías pop con ritmos tradicionais galegos, orquestracións barrocas coa electrónica máis arriscada ou rimas hiphopeiras con guitarras espaciais. Sempre explotando a infinda paleta de sons que proporcionan as novas tecnoloxías: sintetizadores, guitarras -midi, acústica e eléctrica-, instrumentos clásicos, vocoders, acordeóns, caixas de ritmos, cordas orquestrais, clicks n' cuts, pandeiros... e por suposto o uso e abuso do sampling máis intensivo. En defintiva, poñendo os alicerces para a contemporaneización da música pop galega a base de machucar estilos, regras e etiquetas para, sen esquencer as propias raigames, xogar na mesma liga estética que formacións coma HoodThe Postal Service ou Electric President.

Contacto: fanny.alexander77@gmail.com

https://fannyealexander.bandcamp.com/