Hover Setting

slideup

Zimmer103 - Hatt Trick (2006)

 


ZIMMER103 - HATT TRICK (2006)

Contaminados por estímulos coma terra amasada nos ollos, mil agullas conéctannos por empates electrónicos invisíbeis. A modernidade que nos envolve e nos fire tamén sofre cando empuñamos a ironía con carraxe pop. Desde as lameiras frías do norte ás seis da mañá, desde os semáforos mexados en verde polas rúas que cocen o pan de cada día, desde as obras que sangran tubos e coches facendo o amor, co bafo quente dos microchips, coa lingua pornográfica dos ceros e os uns, co código binario da carraxe e da elegancia, a cultura popular colle da man e gaña o pulso á modernidade apodrecida do discurso único. Quérennos tristes, queimados, enlamados no gasoil do desengano: a resposta pop, corpo a corpo, democrática e popular, desde os cuartos escuros do Instituto Galego do Son. Future Sounds of Galician Pop Army. Zimmer103, ese francotirador que non ves e che dispara

zimmer103.bandcamp.com