Projecto Mourente - A pior (2012)


PROJECTO MOURENTE - A PIOR (2012)

"Carlos Valcárcel segue liderando o seu proxecto de pop electrónico doméstico que bebe de fontes tan dispares como Fangoria, New Order, Pet Shop Boys, Astrud ou Saint Etienne, pero en galego e con moita retranca. O disco comeza cos ritmos brillantes e alegres de “Afilia-te!”, amosando unha gran capacidade para desenvolver melodías eficaces. En «Vou para pior» respírase certa amargura, a da crise dos trinta e tantos: «Son un raptor que escalveou / vou para os corenta e aínda non sei quen son / os anos non me fan mellor«. «Ao teu redor» ten vocación de éxito, un discurso pop efervescente moi contaxioso... «todo xira ao teu redor». Tamén hai tempo para o humor e a retranca, para os disturbios silenciosos que asolagan Galicia: «A revolta dos cosmopailães», e para as viaxes curtas ao país veciño: «Quando vás a Portugal». Atopamos chamadas á rebelión cargadas de ironía, "Lei e ordem"... "Queremos máis xulgados, máis / ordes de busca, / máis escuitas, máis centros penais, cámaras de vídeo". Pecha esa canción á esperanza, ao amor verdadeiro, chamada «Alguém que me queira». Trátase doutra entrega interesante de Projecto Mourente, un traballo no que os ritmos suavizan con respecto a traballos anteriores, e as letras cobran protagonismo." LA FONOTECA









Gravado num apartamento em Compostela durante 2010 e 2011.
Misturado e masterizado por Tomás Ageitos nos estúdios d'A Ponte entre dezembro de 2011 e março de 2012.
Gracinhas e obrigados para Héctor Anllo, Roi Homens, Txiki Calvo, Erika Seven e Tucho Pintos pola sua ajudinha.