Noise Project - Asuntos que se resolven co tempo (2011)


NOISE PROJECT - ASUNTOS QUE SE RESOLVEN CO TEMPO (2011)

A vocación vangardista vencellada ao compromiso coa nosa língua tivo dous referentes indiscutíbeis na historia da nosa música: a finais dos 70 cos composteláns N.H.U. e nos 80 con Os Resentidos de Antón Reixa. Nestas coordenadas sitúanse Noise Project, un sexteto de Valga que se move entre o post-rock e a querencia máis desacomplexada polo noise. Os seus referentes van dende Sonic Youth a Pavement, pasando por MogwaiExplosions in the SkyGodspeed You Black Emperor!The Jesus & Mary Chain, o shoegaze ou os propios N.H.U. Noise Project formouse no 2004 no Teleclube en Valga. Despois de varios cambios na formación, o grupo actual está composto por Raúl (guitarra e voz), Oscar (baixo), Víctor (batería), Javier (guitarra e voz), Ernesto (teclado) e Álvaro (guitarra e voz). No 2009 conseguen chegar ás semifinais do concurso Proyecto Demo (FIB). Neste mesmo ano tocan no Festival do Norte con grupos como Standstill, Herman Dune ou Delorean. Todos os temas compostos por Noise Project. Gravado nos estudos Círculo Polar do Grove. Deseño da capa de Fran Devesa.

https://noiseproject.bandcamp.com/