“Cuspindo sangue , hipocrisía e bagoas …
Poesía escura, existencialista , chea de rabia , nun tempo onde todo corre e afoga, nun tempo onde quedámonos sen voz, escondidos, refuxiados nas letras e na noite e atopámonos co máis visceral e repugnante, atopámonos co artificio dunha sociedade horrible, noxenta...
A escolma é unha serie de mocos cuspidos dende o interior dun ser farto, que con gran sutileza dálle forma e sentimento para se converter en rock duro, en berro de desesperación, ou nun sorriso enxordecedor e tolo.
O poema “á tristeza”, é unha patada no fígado, un sentimento arraigado pero oculto, que define dunha forma triste e fermosa ese sentimento de derrota e desolación que sentes cando ves ó teu redor e non ves vida...
Cando os nenos deixaron de xogar el (o autor) era aínda un neno pero que nunca deixaría de xogar...segue berrando coas túas verbas no papel, e segue asombrándote co quedo, co silencio, co sono.
Sentir a derrota, non é estar derrotado, é simplemente o camiño para a vitoria...deixa que se confíen.
Un sorriso no aire.”