Chega unha nova entrega das Miudiño Sessions rexistrando a inédita
proposta de SEIS, un colectivo músico-poético e audiovisual formado
pola poeta Lara Dopazo, a cineasta Adriana Páramo e os guitarristas
Fran Fernández e Virxilio Da Silva. Encol das mesmas pedras onde o
24 de agosto de 1932 Federico García Lorca enchía a Praza da
Quintana coa representación dos entremeses cervantinos de La
Barraca, o cuarteto levou os seis poemas galegos do poeta andalusí
aos territorios da vangarda, o spoken word, a videopoesía e o
post-rock nunha actuación irrepetible arroupada pola Semana do Libro
de Compostela.
Trixésima novena entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas, o descubrimento das máis singulares e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa língua.