Hover Setting

slideup

Lucía Otero Pazos - Ancoradas (FO, 2023)

LUCIA OTERO PAZOS - ANCORADAS (FO, 2023)

ANCORADAS é a ópera prima de Lucía Otero Pazos (Redondela, 2001), un libro de fotografía protagonizado por mulleres galegas que viven en pequenos núcleos afastados das urbes. Un proxecto documental que nasce coa intención de poñer o foco nun dos grupos poboacionais vertebrais do noso País, tantas veces esquecido, poñendo en valor a súa forza, valentía e resistencia tras medrar nun sistema patriarcal e que adoita desprestixiar o rural.

Xunto cos retratos e capturas dos espazos cotiáns dos seus fogares a autora leva o libro de fotografía documental a novos eidos, incluindo tamén manuscritos e audios das propias protagonistas (escoitables a través de códigos QR), soportes que convidan a reflexionar sobre aspectos como a despoboación, a morte, o traballo no campo ou o arraigo que sinten cara o seu fogar.


Este libro está autoeditado comercialmente pola propia autora ao abeiro de A Regueifa Plataforma 2.0 e disponíbel en Blurb. Naturalmente, nós recomendamos omitir intermediarios e apoiar a autoxestión dxs creadorxs mercándolle o libro directamente á autora mandándolle un email


Lucía Otero Pazos (Redondela, 2001) é Técnica Superior de Fotografía pola Escola de Arte e Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.