Hover Setting

slideup

Fanny + Alexander - Finais dos 70s, comezos dos 80s (2007)


FANNY + ALEXANDER - FINAIS DOS 70s, COMEZOS DOS 80s (2007)

"Os composteláns Fanny + Alexander voltan con "Finais dos 70scomezos dos 80s", un segundo traballo no que de novo estenden os límites do pop galego a base da mestura desacomplexada de estilos, tradicións e sensibilidades. Nos once temas que fan parte do disco o dúo deixa poucos paus contemporáneos sen tocar, dende o pop electrónico de "María Silenzo""Amei-te tanto" ou "Funcionaria ou estudante" até o ton New Wave de "Danzarei para ti... se botas outra moeda", pasando por experimentos coma "Postpunkdeirada" -un tema que ven ser un novo estilo musical en sí mesmo- ou "Cando eu era mozo", unha boutade en clave R n' B que soa coma o faría Timbaland se tivese o seu estudo nunha palloza do Cebreiro e no que participa coma convidado estelar Carlos Valcárcel AKA Projecto Mourente.
Continuando coa liña iniciada no seu debut, Lusco e Fusco, as letras de todos os temas son adapatacións de obras de poetas galegos (María do Cebreiro, Lois Pereiro, Daniel Salgado, Ricardo Carvalho Calero, Elvira Riveiro, Pilar Pallarés e Minus Bálido Rodriguez), incluindo ademáis coma bonus track "Berlín", o spoken word de María Lado musicado polo grupo, asi coma dúas remesturas a cargo de Projecto Mourente.

Contacto: fanny.alexander77@gmail.com

https://fannyealexander.bandcamp.com/