Hover Setting

slideup

Ataque Escampe - A grande evasión (2009)

ATAQUE ESCAMPE - A GRANDE EVASION (2009)

Porque existe o mundo e pode ser de todas... Despois de Galicia es una mierda, Ataque Escampe emprende, neste seu segundo disco, a aventura de construír unha epopea: fuxir da prisión para regresar novamente a ela. Teñan o valor de deixarse levar e acompañar ao grupo nesta longa singradura polas melodías da evasión. De certo que acadarán os lugares máis xélidos e afastados, coñecerán as especies imposíbeis e verán solpores que nunca existirán. E perdan coidado polo seu posto de traballo estábel e remunerado, alí onde irán non o han necesitar. Leven, iso si, unha grande mala, pois estas historias son coma souvenirs: pequenas e baratas na súa extensión, mais enormes ao nos transportaren ao lugar máis inseguro, capitais a arder de ruído, continentes especiais, espaciais. E lembre, o seu camarote está nas orellas, pécheas se non quere que lle rouben algún obxecto valioso Ladies and gentlemen, tomen asento, pechen os ollos e vaian quentando os pés. Come fly with us.

A aventura pode comezar.










Participaron n`A grande evasión:

Álex Charlón: voz, coros
Marco Gelpi: guitarra eléctrica
Miguel Mosqueira: guitarras, baixo, coros, voz
Samuel Solleiro: banjo, guitarras, slide, xilófono e coros.
Roi Vidal: batería electrónica, kazoo, coros.
Francesc 'Paq' Esteve: acordeón.
Xoán Lois G. Carlín: piano, teclados e sintetizadores.

Coa colaboración especial de:

Luís Garrido: saxo alto en “No estómago dun crocodilo”
Roi do Forno: violín en “Europa e o ballet”
Manuel Payno: trompeta en “Non hai lúa”

Gravouse nos estudios do edificio Avante (Santiago de Compostela) durante o mes de marzo e foi mesturado e masterizado en abril de 2009.

Gravación: Marcos Payno e Tomás Axeitos
Mesturas: Tomás Axeitos e Marcos Payno
Masterización: Chou
Fotografía: Alba Viñas
Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo

Acompañáronnos nesta grande excursión (sen sabelo): John Sturges, María do Cebreiro, Don Siegel, John Huston, Walter Winser, Lonnie Chatron, Antonio Molina, The Mamas & The Papas, Koji Kondo, María Lado, Lee Marvin, The Beatles, Nicholas Ray, Raoul Walsh, David Lean, Neil Young, Andrés do Barro e The Shadows. Elas e eles saberán disimular. A propiedade intelectual é un roubo. Obrigadas a toda a xente que nos quere, xuntas ou por separado. Producido e perpetrado por Ataque Escampe.