Aló Django - Swing & Dance (2008)

 

ALO DJANGO - SWING & DANCE (2008)

Swing e claqué ao máis puro estilo Django Reinhardt nun concerto divertido, elegante  e desenfadado onde se bromea co público ao máis puro estilo cabaré.

Este grupo de músicos, partindo musicalmente do jazz e do swing acústico, especialmente do gypsy swing , ofrece un concerto cun amplo abano de xéneros musicais traducidos todos ao estilo dos xitanos centroeuropeos mesturado co jazz: o gypsy swing, un estilo lírico, alegre e acústico apto para tocar tanto en sala como na rúa; un concerto para un público de todas as idades.

Ademais Aló Django pretende ser un obradoiro musical de músicos, cómicos, clowns e bailaríns para o cal en moitas ocasións invitamos a outros artistas destas disciplinas a participar con nós nos concertos para ofrecer un show completo e divertido máis alá do estritamente musical, enfiando así con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall.


alodjango.bandcamp.com