Hover Setting

slideup

NACHOK - A alacena traslúcida (2006)





"Todo o mundo viaxa. Polo aire e polo mar. Polo universo e polas leiras. Polas corredoiras e polos condensadores dos circuitos integrados. Polos botellóns e os Camposantos. Polo "super-fashion-guai-de-la-muerte" e polo "non me quentaches o caldo". Diso se trata, e aínda que non sempre leves a cámara, ás veces a cámara lévate a ti. E vas tirando fotos, unhas para a papeleira de reciclaxe e outras para o ciberespacio, ás veces buscando aquilo que ao mellor non viches ben antes, ou o que pasou por diante cando pensabas que hoxe fora mellor non levantarse. Sen contar as que perdiche ao espertar pola mañá, e arredemo que non te das lembrado do que soñaches. Así vai a cousa. Mentras todo ao arredor semella ser atacado por un exército implacable de radicais libres, a atmosfera no Ártico presenta récords de polución e, se queres comer tomates que non sexan de plástico, tes que regar a horta todos os días.Pois aquí queda esta escolma, para quen goste, pequeno retrato de ironías e modernidade, moitas das veces coa "data de envasado" en perversa sincronía co "consumir preferentemente antes de". Que aproveite."