BREOGAN XAGUE - AO VIVO NO CYKLOPEN DE ESTOCOLMO (15.04.22)
Hover Setting
slideup
Breogán Xague - Ao vivo en Estocolmo (AV, 2022)
00:00 _ Pasodobles -01-
02:13 _ ESCAPE FROM MADRID
06:07 _ Inda tenue
09:07 _ If I were supposed to speak here
11:25 _ Nosa señora
14:35 _ JPEGMAFIA has a song where he sings about sorrel
16:12 _ Rianxeira -02-
18:40 _ Queixume
22:33 _ Flores de Imende
26:03 _ Ana come pan -03-
28:20 _ O Suso da Barbaña
31:03 _ Abur / Peinador-Arlanda
34:50_ Voa Voa paxariño -falando sobre unha canción de Xocaloma-
Imaxes e son: Aron
Edición: Victor Soho
O pintor e escultor Breogán Xague (Vigo, 1999) sorprendeunos en 2022 cun album de debut que non é sinxelo de etiquetar pola súa querencia pola experimentación máis brava. Pode ser que se fechásemos nun local de ensaio a Aphex Twin, a DJ Shadow, ao Hevi e, coma non, a Emilio José saise unha proposta semellante a este XAGUE1, o primeiro disco dunha triloxía sobre emigrar no que “a voz que fala volve á súa terra sabendo que vai volver marchar”.
Oito pezas de abstract hip-hop -coas súas oito videocreacións- que funcionan coma un todo indivisible, artelladas coma un grande collage de retrincos sonoros no que os sampleos conforman a paisaxe experimental que dá soporte a unhas rimas que percuran a deconstrución do tópico do galego emigrado, saudoso e morriñento, e como se ten empregado para desactivar un discurso máis político dos motivos estruturais históricos da emigración galega.